Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coles
Parroquia: Coles (San Xoán)
Lugar: Meiriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de San Xoán de Coles é unha edificación barroca do século XVII, de planta rectangular con muros de sillaría, presbiterio mais elevado que a nave con remates de pináculos nas esquinas e na cumeira. A cuberta da nave é a dúas augas, sendo no presbiterio a catro, mentres que a sancristía lateral ten o tellado a unha soa auga.

A fachada é sinxela con porta de acceso alintelada, e sobre ela unha ventá rectangular. Frontón a penas decorado con motivos vexetais e cabezas de anxos, rematado na cima con cornixa en ángulo nos laterais, con grandes pináculos nas esquinas. Sobre o pincho érguese a espadana dun só corpo, con dous ocos e sendas campás, coroada cun remate con pirámide coroada con cruz de ferro e pináculos laterais.
Mantén un osario no lado norte, ao carón da sancristía. Amosa unha pequena porta de aceso no lado norte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COLES/documents/0528CA003.pdf (P.18-19)
http://www.concellodecoles.com/datos/pxom_coles_normasproteccion_catalogoBIC.pdf (P.96-97)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.39975202543031
Lonxitude: -7.83612191677093
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84