
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadumia
Parroquia: Besomaño (Santa María)
Lugar: Rúa Bouza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado no desnivel a carón da rúa Bouzas, presenta unha base medio soterrada de cinco chanzos cun pedestal achafranado na parte superior.
O varal cilíndrico, máis estreito na súa parte superior, presenta un peto case plano cun relevo no interior moi erosionado da crucifixión, e catro figuras, tres na parte frontal e dúas nos laterais, das que se identificou a San Xosé, na fronte, e San Antonio de Padua, na beira esquerda. No remate obsérvase unha fisura da pedra con rotura.
O Capitel é de orde composta con cabezas de anxos alados entre as volutas. Posúe unha grampa metálica que o une ao varal.
Cruz é de sección rectangular con remates agrandados. A destacar o nivel de detalle nas figuras da cruz: presenta no anverso cartela de INRI e cristo moi exento, case que no aire; polo reverso, a Virxe sobre tres cabezas de anxos, coroada por dous anxos cuxos corpos van paralelos aos brazos da cruz. A Virxe porta en brazos o neno Xesús tamén con coroa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Compre unha restauración preventiva para asegurar a sustentación da cruz. O varal e o capitel está unidos por unha grampa de ferro dunha intervención anterior. Así mesmo obsérvase unha fisura na pedra no remate do varal con perda de volume.
Onde está localizado
Latitude: 42.51756214637539Lonxitude: -8.737706243991852
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 2, 2022
Engado a seguintes referencias web:
https://www.farodevigo.es/arousa/2021/08/21/santa-compana-salia-mamuela-56405836.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MONTERO PÉREZ, Javier e CASTRO FERNÁNDEZ, Belén. (2005). Inventario dos cruceiros de Ribadumia. Segredos de Ribadumia. Estudio Artístico do seu patrimonio. Diputación Provincial de Pontevedra.
MARTÍNEZ CHANTADA, Hernando, ABAL MARTÍNEZ, José M., DEL CAÑO PEREIRA, Susana e GONZÁLEZ-REDONDO NEIRA, Luís. (2021). Cruceiros de Ribadumia. Ed: Concello de Ribadumia.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. IR INDO.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).