
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Arantei (San Pedro)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa parroquial de S. Pedro de Arantei remátase de construír no ano 1792, sendo o seu autor Felipe Lopo, Mestre de arquitectura e veciño de Sta. María de Pías (Ponteareas).
Trátase dun edificio de perpiaño, de planta rectangular e coa ábsida no mesmo formato, aínda que máis estreito. Na cabeceira ten unha sacristía acorada. A súa fachada principal é lisa, na cal sobresae a decoración e a imaxe de San Pedro que enmarca a porta da entrada. No lateral esquerdo desta fachada érguese un campanario de forma cuadrangular.
O espazo interior organízase nunha única nave dividida en catro tramos. No teito hai bóvedas de aresta, separadas entre si a través de arcos faxóns lixeiramente apuntados apoiados en semicolumnas. No acceso ao presbiterio levántase un arco triunfal.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA003.pdf (Páxina 1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.07908185571336Lonxitude: -8.536532521247864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84