Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Arantei (San Pedro)
Lugar: Praza, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo, que se supón do s. XVI, é un sobrio edificio rectangular de dúas plantas de fábrica mixta, de cadeirado e mampostería, con muro de peche que se interrompe na fachada que bordea a estrada dende a que se accede á finca. As troneiras da planta inferior fan pensar que en tempos puido ser unha construción defensiva. O escudo, magnificamente labrado, atopámolo entre as dúas fiestras da planta alta da casa, e mostra as armas dos Barros, Troncoso de Lira e Sotomayor.
As fincas que pertencían a este pazo abarcaron unha extensión non inferior ás 400 hectáreas, polo que comprendían unha boa parte da actual parroquia de Arantei.
Os Barros son unha antiga liñaxe que arraigou nas provincias de Ourense e Pontevedra, onde tiveron importantes casas como esta. Os Barros da zona de Ponteareas e Salvaterra de Miño procederían de Braga, segundo corroboran as armas mostradas no escudo da casa, e aparecen unidos aquí aos Troncoso de Lira, prolífica liñaxe de ampla presencia na provincia. Entraron na familia tamén apelidos navarros, como Quiquieri e Arquiaga, o que deu lugar a unha afiliación carlista que provocou que durante as denominadas guerras carlistas estivera a casa abandonada.
Actualmente o pazo está en mans de tres familias.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA003.pdf (Páxina 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.08109650389104Lonxitude: -8.536452054977417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84