Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa constrúese no ano 1886. Ten unha nave rectangular unida ao presbiterio e dúas capelas laterais. A fachada principal presenta moi boa cantería á vista, con apilastrado no lado sur e torre, tamén apilastrada no lado norte.
A porta é alta, con arco de medio punto, e presenta unha moldura corrida partida no centro polo adorno superior. Enriba dela unha ventá coas arestas rebaixadas en todo o seu contorno a modo de fornela, que na actualidade acolle unha vidreira do patrón. Remátase cunha moldura lineal no centro sobre base cúbica con cruz. Enriba da pilastra norte ten un pináculo de punta de frecha.
A torre ascende nun só corpo ata o nivel da base da cruz, onde unha cornixa voada fai de base ao campanario que se divide en dous corpos. O corpo inferior abre ocos de arco de medio punto a cada vento, aos que se lle colocou unha pequena varanda de cemento, e sepárase do corpo superior con outra cornixa silimar á da base. O corpo superior é semellante pero máis peueno e está baleiro. Remata nunha pequena moldura e nel apóiase a frecha de cubrición escalonada, cunha cruz de Malta de remate e con pináculos nas esquinas.
os parámetros laterais da nave teñen dous contrafortes para sustentar o arco formeiro e o arco triunfal. Están percorridos por unha moldura baixo a cornixa de apoio do tellado a dúas augas.
No cumio do lado leste ten unha cruz de remate similar á da fachada principal.
No lado norte, adosada ao presbiterio, ten unha capela que antigamente era a sancristía. É máis baixa que a capela maior, e enriba dela ábrese unha ventá cadrada con gran derrame interno. O mesmo sucede na capela que se sitúa ao sur. Ámbalas dúas teñen o telladoa tres augas.
No interior, as paredes están enfuscadas e pintadas, permanecendo vista a cantería dos arcos e das pilastras que os sosteñen. O presbiterio preséntase en bóveda de canón.
O retablo maior ocupa todo o parámetro leste do presbiterio. Presenta sotobanco, predela, corpo e ático de cinco rúas. Nas rúas extremas desaparece o sotobanco e a predela para dar lugar ás dúas portas de acceso a sancristía.
No centro está o sagrario. A rúa central coloca, mesmo enriba do sagrario, unha fornela para acoller ao patrón, o apóstolo San Paulo de Tarso.
Enriba mesmo da fornela hai unha gran cartela cunha circunferencia na que resalta a cruz de Malta tallada e pintada.
Segue unha fornela plana na que se sitúa a imaxe do Cristo na Cruz.
A capela do lado norte foia antiga sancristía. Atópase en moi mal estado na teitume de madeira e nos enfuscados das paredes. Nela atopamos un pequeno retabliño de pedra sobre o altar, que está inserto na parede formando todo el un altorrelevo. Ten dúas caixas planas a modo de fornelas enmarcadas por tres pilastras, con tres estrías casa unha e capitel xónico.
na capela do lado sur atopamos un pequeno altar onde está situada a Virxe do Consolo diante do cadro que sostiña ao Cristo da fornela superior do retablo maior.
O cadro é de óleo sobre madeira e representa a escea do Calvario, con San Xoán e a Dolorosa a cada lado da Cruz suspendida no centro por dous enganches de ferro, e ao fondo a cidade de Xerusalen. Atópase en moi mal estado.
Nesta capela, sobre peaña, atopamos tamén unha boa imaxe barroca de San Liborio.
No lado norte está o retablo da Virxe do Rosario.
No lado sur está o retablo do Sagrado Corazón.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA014.pdf (Páxina 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0658974705
Lonxitude: -8.53676319122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84