Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este cruceiro do ano 1924 está próximo á igrexa parroquial, e a súa peculiaridade é estar cuberto por un baldaquino metálico. Consta dun pedestal dun só corpo sobre tres chanzos, e no fuste cilíndrico con ranuras de media cana dispóñense as imaxes da Dolorosa e da Inmaculada. O capitel está decorado con follas de acanto e volutas en resalte. As ánimas represéntanse identificadas co seu nome propio. Culmina o conxunto cunha cruz alta e esvelta coa imaxe de Cristo crucificado e un Anxo portando o cáliz.
Este cruceiro é obra do obradoiro dos Quinteiro, en Ponteareas.
Nas caras da basamenta hai incrustadas placas de mármore coas seguintes lendas:
Anverso: “Recuerdo de José Garrido Bargiela en compañía de su esposa María Martínez Troncoso. Año 1924”.
Lateral derecho: “Se suplica en caridad una oración por las almas de los donantes a cuantos por aquí pasaren (B. Quinteiro-Puenteareas)”.
Lateral Izquierda: “A ti adoran, bendicen, veneran con gran fe los vecinos de esta parroquia, salvadnos señor”.
Reverso: “El amor siempre ardiente que hacia el hombre has mostrado te tiene Jesús colgado en la Cruz eternamente memento nostrûm”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA014.pdf (Páxina 3)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605010.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=18141&ctre=55
http://www.oocities.org/xufp/cruceiro_Porto.htm

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
VV.AA. (2010). CRUCEIROS BAIXO BALDAQUINOS DOS VALES DA LOURIÑA E DO TEA. Actas do IIº Congreso Galego Sobre Cruceiros e Cruces de Pedra.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0660229163
Lonxitude: -8.53631258011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84