
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: Porto de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta capela, de 1582, atópase no interior da finca do pazo de San Amaro ou pazo de Porto,
Sometida a unha recente restauración, a capela, adicada a San Amaro (patrón de lisiados e tolleitos) merece unha mención especial pola súa antigüidade, beleza arquitectónica, e a tradición da romaría, que se celebra o 15 de xaneiro, e á que acoden dende tempo inmemorial milleiros de peregrinos de toda a bisbarra para ofrecer os seus ex votos de Madeira ou cera o día de San Amaro. É unha das romarías máis antigas de Galicia e a primeira do ano.
O oratorio, construído en pedra, ten a particularidade de mostrar unha nave lateral cuberta por bóveda de arista con arcos e ménsulas que representan bustos dos catro apóstolos evanxelistas, completándose a decoración con medallóns renacentistas.
Na fachada da capela, unha lenda escrita en letras vermellas escavadas na pedra ao longo de toda a parede di: “Esta iglesia mandó hacer Pero Vázquez Pereira de Castro por su devoción pide por caridad a los que en ella al entrar en recen una oración por su ánima que así Dios les de el galardón. 1582.” Dous fermosos escudos situados a ambos lados do frontis testemuñan os apelidos materno e paterno do fundador. Na nave principal, fronte ao altar maior, está enterrado un dos señores do pazo.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA014.pdf (Páxina 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0645832621Lonxitude: -8.53246629238
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




