
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: Porto (San Paulo)
Outra denominación do ben: Pazo de Porto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo, de traza sinxela e amable, sitúase nun alto. Dentro da finca, dunhas 30 hectáreas, atopamos varias edificacións. A casa principal, de dous andares, presenta planta en L con acceso a dous niveis en mampostería e cadeirado, carpintería de madeira, escaleira de dobre acceso, escudo en fachada principal e espadana dun solo van. As dependencias secundarias foron rehabilitadas como adegas.
O edificio principal foi morada principal dos Pereira de Castro (descendente de Sancho I de Portugal), liñaxe que se ramificou por todo o territorio da Galicia histórica. Pola liña de consanguinidade chegamos ao Marqués Pedro Vaz Pereira de Castro, a quen se debe a construción deste fermoso pazo en 1591, segundo se contempla na inscrición que acompaña ao escudo principal do edificio:
“ESTA CASA MANDO AZER P. VAZ PEREIRA-HIJO DE VAZ PEREIRA DE CASTRO. A. 1591”
Probablemente se construíra sobre as ruínas dalgunha torre defensiva existente en desposta á torre fortificada situada en fronte, no pobo luso de Lapela, en tempos de hostilidades entre ambos países. No ano 1960 a familia Villar comprou todo o conxunto pacego, acometendo posteriormente a transformación agrícola da finca para convertela posteriormente en explotación vitivinícola debido á alta calidade acadada polos viños nestas terras.
No interior do recinto tamén podemos atopar un canastro de cinco claros de madeira e pedra, que constitúe un recordo dos espléndidos tempos agrícolas da casa. A entrada principal era por un camiño que dá a un portalón de pedra almeado, tralo que atopamos un patio axardinado con plantas olorosas e unha fonte, e que era onde antes estaban as cabaleirizas e as dependencias do servizo.
Hai un total de cinco escudos repartidos entre os distintos edificios. Na fronte da capela atopamos dous. No da esquerda pódense apreciar as armas dos Pereira e dos Castro, que se corresponden coa ascendencia materna do promotor da obra, mentras que no da dereita están as dos Lobato e dos Bacelar, que se corresponden coa ascendencia paterna. Outro dos escudos está entre as dúas portas da fachada principal (ao norte) do pazo, e inclúe os distintivos dos Sotomayor xunto os de outra liñaxe cunhas armas parecidas ás dos Bugarín. No alto da parede do patio, orientada ao nacente, hai un escudete coas armas dos Lobato, e neste mesmo patio, na parede que mira ao mediodía, atopamos o escudo máis valioso da casa no que quedan reflectidos os Castro, os Pereira, os Lobato e os Bacelar, e as dependencias secundarias foron rehabilitadas como adegas. Podemos atopar tamén un canastro de cinco claros de madeira e pedra, que constitúe un recordo dos espléndidos tempos agrícolas da casa.
Ao conxunto pacego tamén pertence unha praia e unha illa no río, ademais dun extenso viñedo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: InfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA014.pdf (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6794&ctre=36
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0641332391Lonxitude: -8.5322329402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




