
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: A Praza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O peto de ánimas da Praza consiste nun edículo instalado sobre unha baixa basamenta e coroado por unha gran cruz de pedra. En total, a obra acada os 3,5 m. de altura. Está tamén dotado dunha especie de cuberta de chapa de ferro. Esta unidade está rematada por unha cornixa moldurada a dúas augas e, como decoración na súa fronte presenta varias placas de segmento do círculo.
O peto debe remontarse ao século XIX, pero a grande cruz debe ser máis antiga, quizais do século XVIII, sendo seguramente reaproveitada cando se confeccionou o devandito peto. Ten ante o edículo unha repisa para ofrendas, onde hai aloxados dous esmoleiros, un deles, xa desaparecido.
O retablo actual da fornela é recente, xa que se trata dun plafón de madeira de 35 por 26 cms, ocupando unicamente a parte baixa do habitáculo. O máis seguro é que este supla a outro anterior xa perdido. A súa composición é moi sinxela, con todo o campo figurativo ocupado por un mar de longas chamas de lume, sen deixar espazos libres, dispostas en profundidade en dous planos, e tan só na parte superior do panel asoman os rostros dos penantes do Purgatorio, a saber, no centro un clérigo, á súa esquerda un monxe, á dereita un varón, e en cada lado o que parecen ser figuracións femininas. Por entre as chamas algúns deles deixan ver as súas mans entrelazadas en actitude de oración ou súplica. Moi curiosa é a disposición estética dos individuos: o clérigo, cos ollos moi abertos, vendo cara a fronte, o varón e o monxe, coa vista cravada no Crego e as dúas mulleres, coas caras voltas cara o exterior.Todos eles con pouca vida expresiva.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA014.pdf (páxina 4)
http://www.oocities.org/xufp/cruceiro_Porto.htm
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0690614152Lonxitude: -8.53364914656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




