Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Cabreira (San Miguel)
Lugar: O San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sobre tres chanzos érguese o basamento trapezoidal, o cal, na súa cara frontal, conta cunha placa de mármore na que se pode ler a seguinte unha inscrición:

TU QUE PASA MIRAME
TODO CUBIERTO DE LLAGAS
HAY HIJO QUE MAL ME PAGAS
LA SANGRE QUE DERRAME
MAS ESPERA Y TE DIRE
PUES QUE TANTO PADECI
SI LO MAS HICE POR TI
QUE FUE MORIR POR SALVARTE
SI TU TE MUEVES A MI
COMO NO HE DE PERDONARTE

O varal é cilíndrico e presenta un capitel de forma cuadrangular e adornado coa figura de catro nenos nos esquinais, os cales sustentan unha cruz cilíndrica. Nesta aparece colocado un Cristo de boa labra acompañado por un anxo, o cal recolle o sangue que brota do seu costado. Rodéano catro imaxes, nas que se distinguen a Virxe e San Xoán no frente.
Na parte dianteira do varal preséntase a imaxe dunha Inmaculada Concepción sobre pousadoiro esférico e pisando a cabeza dunha serpe. É un conxunto de gran expresividade.

Ao seu carón podemos ver o peto de ánimas de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/45750/2013/06/peto-de-animas-de-san-roque-2/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O Concello de Salvaterra restaura este cruceiro no mes de agosto de 2021 (ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA004.pdf (Páxina 2 e 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605008.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, Cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2006.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html

RESTAURACIÓN AGOSTO 2021
https://www.siradio.gal/comarcas/market/salvaterra-remara-a-intervencion-no-cruceiro-e-peto-de-animas-de-san-roque
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2021/08/14/salvaterra-restaura-peto-animas-cruceiro-56208805.amp.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0927869692
Lonxitude: -8.54523897171
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84