Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Cabreira (San Miguel)
Lugar: O San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este peto de ánimas está construído sobre unha base de pedra con forma cúbica, a partir da cal se levanta un retablo tamén de pedra, coa policromía actualmente perdida.
Neste retablo represéntanse entre as chamas as ánimas, en número de tres, e no centro un bispo en actitude orante. O relevo que representa a escea descrita aparece enmarcada por dúas pilastras cos seus capiteis, as cales sosteñen un entablamento con molduras; rematando a parte superior do retablo deste peto de ánimas cons dous pináculos aos extremos e un semicírculo.
Neste último atópase gravada a seguinte inscrición:
“DEVOCIÓN DE JOSE GO
NZALEZ. AÑO DE 1783”.
Outra inscrición que se pode ler no peto é a que aparece no frontal do retablo, na súa parte superior:
“DONADO J.
GONZ. AÑ 1724”.
Ao seu carón o cruceiro de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/45744/2013/06/cruceiro-de-san-roque-4/).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O Concello de Salvaterra restaura este peto no mes de agosto de 2021 (ver referencias bibliográficas)
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA004.pdf (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605008.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, Cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2006.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
RESTAURACIÓN AGOSTO 2021
https://www.siradio.gal/comarcas/market/salvaterra-remara-a-intervencion-no-cruceiro-e-peto-de-animas-de-san-roque
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2021/08/14/salvaterra-restaura-peto-animas-cruceiro-56208805.amp.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0927730366Lonxitude: -8.54520946741
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 21, 2022
Fotografía do peto do 15 de abril de 2022 na que se pode ver o resultado da restauración levada a cabo en agosto de 2021.