Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Cabreira (San Miguel) / Arantei (San Pedro)
Lugar: Quinta de Fillaboa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Da primitiva construción só se conservan os muros de pedra e algúns elementos do vello pazo entre os que sobresae a escalinata e balaustradas exteriores, a gran capela, o canastro de cinco claros e o pombal. O estado de conservación é bo, pero moi modificado. O escudo está desprazado da ubicación orixinal, e atopámolo na torre do pazo. Mostra o seu campo cuartelado en cruz coas armas dos Sarmiento e Sotomayor.

No s. XVIII era propiedade do Conde de Salvaterra e Marqués de Sobroso, pasando tras varias xeracións a mans da duquesa viúva de Híjar, a cal a vendería en 1884, xunto co castelo de Sobroso, a D. Manuel Bárcena y Franco, I conde de Torrecedeira. Bárcena comezou a cultivar viñedos e a producir caldos coa etiqueta “Viño do Condado Fillaboa”, e a excelencia dos seus viños foi coñecida en Cuba, Arxentina e Francia grazas ás exportacións realizadas en 1900.

Hai uns dous mil anos os romanos sa ordeaban o cultivo de viñas na Fillaboa. A sublevación portuguesa de 1640 obrigou ao Marqués de Tavara, gobernador de Galicia, a fortificar esta finca. Rematados os acontecemento bélicos que motivaran a súa existencia, A Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0825855505635
Lonxitude: -8.520707488059998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84