Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Alxén (San Paio)
Lugar: Grixó
Outra denominación do ben: Casa de Bugallal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A coñecida como casa de Bugallal, por ter sido propiedade desta familia en épocas precedentes,
O edificio está formado por dous corpos de plantas cuadrangulares desiguais, tanto en superficie como en altura, e con cubertas a catro augas. Cabe destacar a balconada que, a modo de solaina, presenta unha columnata que denota certa inspiración clásica.
O acceso iníciase a partires dun portalón monumental, do que se conserva o lenzo central, no que se abre unha porta de arco de medio punto dende a que un paseo nos conduce ao pé da casa, onde se pode ver un pequeño xardín cunha fonte de pedra de taza rectangular que leva esculpidos n afronte uns chamativos mascaróns, formando un conxunto que, pola traza, parece do século XVIII. Díse que procede do pazo da Picoña, en Salceda de Caselas.
A poucos metros da casa atópase unha capela que data de 1919, e que viu a substituír a outra construcción anterior. Fronte a ela elévase un frondoso magnolio cun toro dun diámetro superior aos tres metros, e no xardín atópase un típico cruceiro.
A planta baixa está destinada a adega.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.09555550040889Lonxitude: -8.52364182472229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Marcos Blanco says:
Xuñ 18, 2024
Mencionase que existe un portalón monumental de arco de medio punto.. pero ese portalón leva décadas desfeito.. existe algunha imaxe do mesmo?