Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Trazo
Parroquia: Vilouchada (San Vicenzo)
Lugar: Vilouchada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Esta igrexa de estilo neoclásico está situada nun contorno de gran beleza; a ermida presenta unha planta cruciforme, composta por un brazo lonxitudinal e outro transversal de dimensións menores, situado na parte central do primeiro. Os muros aparecen recebados e a fachada construída en cantería á vista, igual que os enmarques dos vans, que non son moi abondosos. As cubertas son de tella sobre estructuras de madeira.
A parte máis destacada constitúea o ciborio octogonal rematado en cúpula sobre o cruceiro, engadido con posterioridade á construcción inicial.
A fachada frontal conforma o elemento principal da construcción, sendo a parte na que se concentra a decoración. Presenta un frontón triangular resultado do remate disposto a dúas augas, encima do cal se levanta un campanario de varios treitos superpostos e de planta cadrada. A decoración barroca nas catro pilastras acanaladas con outros tantos ocos onde están as campás e a cornixa rematada en pináculos e bólas no corpo do tambor octogonal coroado por unha pequena cúpula tamén octogonal. No mesmo eixo que o campanario alíñanse a porta principal e un van semicircular, flanqueados por pilastras rematadas en capitel xónico. Ó templo accédese por medio dunha escalinata monumental de dobre acceso, frontal e lateral.
No mes de setembro celébránse dúas romerías en torno a esta ermida, unha en honra a Santa eufemia e outra a San Mateo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.998465727422
Lonxitude: -8.5057398608376
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84