Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Alxén (San Paio)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A igrexa actual foi construída sobre outra anterior da que se pode observar aínda algún arco de medio punto na parede de peche do presbiterio. Foi construída no ano 1893.
A fachada principal preséntase con apilastrados laterais que se prolongan nun rebaixe ata a parte central correspondente coa torre para darlle máis realce. A porta é de arco apuntado e arestas aboceladas. Adórnase na parte superior cunha moldura a modo de pestana, apoiada nos seus extremos en peañas. No centro hai un ocelo moldurado.
Remátase con outra pequena moldura que percorre toda a parte superior debaixo da cornixa voada onde se apoia o primeior tramos da torre. Esta é de base cadrada. No primeiro corpo atopamos a esfera do reloxo.
Nos extremos da cornixa hai pináculos de capela, e desde eles sune un pequeno murete ata este primeiro corpo.
O campanario está reforzado con pilastras extremas e abre un oco a cada vento con arcos apuntados e moldurados. Cérrase cunha cornixa, que na parte central, por riba dos arcos, forma un frontón. Cada esquinal ten o seu pináculo, tamén de capela, pero colocados nunha base paralelepípeda con adorno central.
Ten unha soa nave, rectangualr, e a capela maoir de planta cadrada, máis estreita que a nave e con máis altura.
O interior está dividida en catro tramos. Cada un dos tramos adórnase cunha pequena cruzaría de catro nervios que nace no comezo dos arcos formeiros apuntados.
A capela maior ábrese cun arco central, tamén apuntado, e adórnase con cruzaría tamén de catro nervios que se xuntan nunha clave con pintaxe.
Presenta dúas grandes ventás para a entrada de luz no parámetro norte e sur.
O parámetro leste está ocupado co retablo maoir.
O retablo maior é de estilo neogótico tardío e de grande sinxeleza. Presenta un gran zócalo, no que os apoios das pilastras xa dividen as tres rúas. Nos laterais, dúas portas dan aceso á traseira do retablo. O seu frontal mostra tres arcos apuntados a cada lado, e no centro hai unha Cruz de Trindade. Enriba do altar, sobre unha base co anagrama do nome de Xesús, está o sagrario. Nunha das pilastras atopamos unha cartela coa lenda: “ALTAR PRIVILEXIADO”. Estes altares considerábanse así porque a Santa Sede concedía, e modo perpetuo ou temporal, especiais indulxencias aos defuntos polos que se aplicara a Misa neles.
Cada unha das rúas laterais acolle dúas fornelas, unha enriba da outra, de arcos apuntados e cun adorno no arco de cinco lóbulos. Estas fornelas acollen ao Patrón e a San Telmo.
A fornela central ocupa toda a rúa. Na base ten un soporte troncopiramidal de seis chanzos, alternando os adornados e os lisos. Nela atopamos a cruz co Cristo aínda vivo e mirando ao ceo en oración. Todo o borde da fornela adórnase cunha filigrana a modo de arquearía. Remátase tamén en frontis triangular e cruz no vértice.
No último corpo da nave, no lado norte, entre a pilastra e o arco triunfal, sitúase o retablo da Virxe das Dores.
Enriba do altar, pousada no centro, está a imaxe do Carme. Fronte a este rebalo, no lado sur, sitúase a imaxe da Inmaculada.
Esta parroquia ten depositados no Museo Diocesano un incensario gótico de bronce, do século XV, unha cruz, tamén de bronce , do século XIX, unha crismeira de prata, un peto do Santísimo e algunhas vestiduras litúrxicas.
Na sancristía atópase un pequeno retablo, moi sinxelo, para a colocación da Cruz. O fondo da fornela ten pintada a cidade de Xerusalén, pero fáltanlle a lúa e o sol, que estaban adosados na parte superior.
O Crucifixo é do século XVIII, ao igual que o retablo.
As ventás da nave decóranse con vidreiras que representan os santos de devoción.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA002.pdf (Páxina 1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.10964208852551Lonxitude: -8.527175635099411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84