
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Broño (San Martiño)
Lugar: Broño
Outra denominación do ben: Couto da Albariña
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:
O PXOM de Negreira do ano 1999 recolle este lugar coma Castelo de Broño, aínda que pouco queda da fortaleza medieval. O lugar onde se sitúa foi un castro e máis tarde foi reaproveitado para facer unha fortaleza na Idade Media, nun inmellorable lugar estratéxico, pola súa altitude e control do territorio. Na documentación aparece como pertencente aos Mariño de Lobeira no territorio de Trastámara, e que os irmandiños saídos de Compostela remataron por tumbar. Ten tres defensas concéntricas e que debían estar feitas con muros de pedras, polos restos que aínda se poden ver, e que compoñen unhas terrazas entre elas. A primeira muralla de forma circular ten aproximadamente 170 m. de diámetro. O lugar amosa no seu interior fortes pendentes que evidencian o seu carácter defensivo. A contorna do terreo é unha carballeira que non deixa medrar a maleza e fai posible adiviñar as poucas estruturas da fortaleza que aínda quedan. Estas defensas e terrazas fanse moi visibles no mapa de curvas de nivel Lidar 2009, e que podemos ver na foto secundaria da ficha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf
(pax 14 de 26)
Planos de Pendentes 2009
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0204.pdf
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/05/01/unha-pedra-refrescante-no-castelo-da-albarina/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9319975201Lonxitude: -8.79788160324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
elixiovieites says:
Xuñ 30, 2013
Páxina de Asociación Monte Pindo Parque Natural onde se nomea o Castelo de Broño xunto con outras fortalezas e propiedades pertencentes aos descendentes do executado Rui Soga de Lobeira:” Penafiel, Vimianzo, Broño, Mirón, lugar de Olveiroa, Fisterra e o Couto de Duio” http://www.montepindo.org/2012/01/o-castelo-de-penafiel.html
Aquí unha xenealoxía de Rui Soga de Lobeira (O Degolado) onde se mencionan as súas fortalezas http://www.sologenealogia.com/gen/getperson.php?personID=I4261&tree=001