Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Outeiro das Nogueiras - Monte Cubreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Idade do Bronce,
Descrición:

Túmulo de grandes dimensións no que a masa tumular está lixeiramente achatada por mor do burato de violación. Posúe unhas dimensións N-S de 19,5 m., mentres que na orientación E-W acada os 20 m. A súa altura e de 1,5 m.
A violación central é de 3 m. Non se aprecia coiraza.
Polo seu cumio pasa un camiño que serve de paso para o servizo das leiras contiguas.
Neste Monte Cubreiro existen dez túmulos semellantes a este, ademais de varios petróglifos.
Para chegar a el subiremos desde o pobo de Cardoeiro por unha pista que nos leva ata unha granxa, pasando ao carón do Penedo da Moura, despois da granxa seguiremos pola pista de terra uns 600 m., chegando a un cruce con outra pista, onde veremos case de fronte un camiño agrícola por entre os toxos, tomando ese camiño temos o túmulo a uns 70 m.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA32007029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O camiño que pasa por enriba dela vaina desgastando e erosionando, non estaría de máis intentar desviar dito camiño.


Onde está localizado

Latitude: 42.258802457389095
Lonxitude: -7.723324298858643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84