
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Uma (Santo André)
Lugar: Casal, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fabricada en perpiaño, e de pequenas dimensións, a igrexa parroquial ten unha planta rectangular rematada nunha cabeceira máis estreita e alta que a nave principal. Pegada a un lateral ten a sacristía.
A fachada principal, sen excesivo ornato, ten unha ventá alintelada como único van.
Sobre o arco de medio punto que cobixa a porta principal de acceso, levántase unha pequena fiestra que rompe a continuidade das súas formas.
A construción remata cunha torre de espadana que alberga dúas campás e ás que se accede a través dunha escalinata con varanda de ferro disposta recentemente á marxe esquerda do edificio.
A igrexa presenta similitudes arquitectónicas con outras igrexas parroquiais do municipio, aínda que recentemente foi sometida a algunhas reformas emprendidas grazas á importante doazón económica que fixo unha veciña.
No seu interior atópase un altar barroco e diferentes imaxes, algunhas máis antigas que outras, pero todas en moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA016.pdf (Páxina 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As últimas obras no adro da igrexa consistiron en subir o chan. Isto fixo que agora a igrexa teña problemas graves de humidade.
Onde está localizado
Latitude: 42.168818148913374Lonxitude: -8.41525912284851
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84