
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: Castelo, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo, con planta en “L” e dous pisos, foi construído coa pedra derruída da atalaia de Santiago de Aytona, e tras esta primeira reconstrución volveu ser rehabilitado no ano 1979. Finalmente, pasou posteriormente a convertirse na sede da adega Señorío de Lazoiro en 1996. Do pasado militar do pazo consérvanse as antigas cabaleirizas e as troneiras dos muros defensivos.
Destaca o seu portalón almeado e brasonado que dá paso a un acolledor patio onde destacan o pozo, a escalinata de pedra que ascende ata o patio brasonado e a cuberta sostida por columnas de sección cadrada. Todo o pazo está nun estado de conservación moi bo.
O pazo conta con tres escudos. Dous deles están situados na solaina e fan referencia aos avós e pais de Jácome III. As liñaxes Sarmiento, Valladares, Castro e Lobato figuran no escudo da esquerda, mentres que no da dereita aparecen reflectidos os Suárez, Araújo, Sotelo e Salgado. Baixo o escudo da dereita está a inscrición comentada anteriormente.
O terceiro escudo é o que se atopa no portalón de entrada. Feito en 1777, en tempos de Francisco Antonio Carballido y Sarmiento, relixioso e descendente da casa, este escudo de grandes dimensións recolle 14 liñaxes distintas que fan referencia aos antepasados do pazo.
A orixe da familia noble que fundou esta casa son os Sarmiento de Valladares, que foron os rexidores militares durante varias xeracións da vila de Salvaterra.
Entre eles destacamos a Jácome Sarmiento de Valladares III, que sendo maestre de campo de infantería foi nomeado polo Rei gobernador da praza de Salvaterra en tempos da guerra contra Portugal. A él se debe a restauración do pazo en 1677, xa que fora destruído anos antes polo exército portugués cando invadiu a vila en 1642. Unha inscrición practicada baixo un dos escudos situados na parede do patio da casa marca a orixe da historia moderna do pazo das Barreiras:
“EL S.D. IACOME SARMIENTO DE BALLADARES MRE. DE CAMPO DE INFANTERIA HESPAÑOLA GOVERNADOR POR SV MAGESTAD DE LA PLAZA DE SALVATIERRA Y CABO DE LAS MILICIAS DE SV DISTRITO REEDIFICO ESTA CASA AÑO DE 1677 ARUINADA POR EL PORTUGVES AÑO DE 1642 ESTANDO EN SALVATERRA EN 15 DE AGOSTO DE DICHO AÑO Y RECVPERADA EN EL AÑO DE 1659”
Os últimos descendentes da casa foron homes de letras e entrelazaron vínculos con outras casas importantes da provincia.
Hoxe en día o pazo e as súas terras anexas adícanse o cultivo da vid.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA015.pdf (Páxina 3)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9503&ctre=36
http://www.pazoasbarreiras.es/bodega.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.091188689421806Lonxitude: -8.496851921081543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Flor Rodguz Céspedes says:
Mar 28, 2018
Nací en este Pazo que fue de mi abuelo desde 1923 hasta 1979 . Se llamaba Castor Céspedes Viéitez. Los actuales dueños, bodegueros con un vino Estupendo, se portaron muy bien y me lo dejaron visitar muy amablemente. Gracias mil
Flor Rodguz Céspedes says:
Mar 28, 2018
Estupendo. Bien restsurado