Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Lourido (Santo André)
Lugar: Cantarrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado coroado por unha cruz de sección octogonal rematada en pequenas volutas que se asenta sobre unha base adornada cunha caveira e dúas tibias. O tellado é plano e a fornela rectangular, ampla, e lixeiramente arqueada pola súa parte superior. O retablo, antaño de madeira, é de pedra e atópase presidido pola figura de Cristo crucificado que ten, a súa man dereita, a San Francisco, e a súa esquerda á Virxe María. Por debaixo dos mesmos dispóñense catro ánimas. A obra foi realizada no ano 1865 segundo reza a súa inscrición: “A DEVOCION DE IVAN RODRIGZ. 1865”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1246585638
Lonxitude: -8.49654749036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84