
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Corzáns (San Miguel)
Lugar: A Feira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Atópase encaixado na faciana principal, pola parte exterior da Capela da Virxe do Carme.
Trátase dun grupo escultórico en forma de cruceiro de pequeño tamaño no que, por debaixo do Cristo, hai un grupiño de ánimas entre as lapas do Purgatorio arredor do pao da cruz cos ollos dirixidos ao Salvador que mira dende a cruz cara a elas.
A cruz é cilíndrica e dela pendura un Cristo de faccións pouco marcadas e moi pegado ao madeiro, que ten vultos diversos, simulando nós. A cartela de INRI é grande e o pousadoiro circular ben traballado en forma de copa.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA005.pdf (Páxina 3)
http://patrimoniogalego.net/index.php/42230/2013/05/capela-do-carme-2/
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1115065334Lonxitude: -8.47426503897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84