Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Oleiros (Santa María)
Lugar: Pedra Furada, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O solar no que se atopa o pazo era da familia Ozores.
Pouco ou nada se conserva da primitiva arquitectura do século XVI do Pazo da Quinta de Teáns, cuxa reconstrución debe datar de principios do século XIX. A finca posúe un marcado carácter rural. Hoxe tan só podemos admirar os seus xardíns posteriores, a capela adicada a Nosa Señora da Concepción e o impoñente canastro.
A capela foi mandada construír no ano 1695 polo Marqués de Amarante ao Mestre de arquitectura Pedro de Monteagudo. Trátase dunha capela singular pola súa planta central de formato cuadrangular que se coroa mediante cúpula levantada sobre tambor. O espazo interior de formato cadrado, está franqueado por catro columnas apoiadas sobre unha bóveda de crucería de grandes nervaduras. Sobre a súa portada atópase o único escudo conservado na casa, onde se pode apreciar o león dos Ozores. A capela está rodeada de amplos xardíns de estilo francés.
O hórreo data de finais do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA012.pdf (Páxina 4)
http://largandolastreyletras.blogspot.com.es/2012/05/salvaterra-historias-de-quinta-de.html
http://www.quintadeteanes.com/#!

BIBLIOGRAFÍA
Méndez Cruces, Plácido. “Heráldica del Condado: San Salvador de Leirado y santa María de Oleiros”. CSIC.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0840427121
Lonxitude: -8.47851634026
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84