
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Corgos do Muíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de planta rectangular 9x5m feito en canteiría de granito combinando con cachotes do mesmo material, a cuberta polo pouco que lle queda, adiviñase que foi a dúas augas en tella curva do pais.
Polo lado de nacente ten a porta de entrada, ese e tamén o lado polo que chega o canal que o alimentaba, polo lado de poñente ten dúas fiestras que dan cara o regueiro.
Está formado pola parte baixa ou inferno con dúas saídas onde está o rodicio con tamén dúas portas para aliviar a auga e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas, que permanecen no seu aloxamento, pero xa desprovistas das caixas de madeira.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa e caendo cara o rodicio gañando forza por mor do desnivel.
A meirande parte dos muíños de esta zona son da modalidade de canle, característico por por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Situado no Regueiro de Covas de Andón, do que aproveitaría a auga, un pouco máis abaixo de onde se une co da Virxe do Monte.
Está en unha situación ruinosa, invadido pola maleza e caéndolle a cuberta, polo que só quedan en pé os muros.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34294959160001Lonxitude: -7.66074031591415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




