Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde
Outra denominación do ben: O Pozo
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Pozo é un lavadoiro en bo estado, de forma rectangular, feito en perpiaño de granito, un lado da plataforma é de pedra inclinada para refregar, con pousadeiros para o xabón.
Frontón polo lado Nor-Este en granito, por onde sae un cano de aceiro que verte a auga, mantendo o antigo de pedra por debaixo de este.
Cuberta a catro augas en tella plana, sustentada por catro columnas, dúas de elas, as frontais, de granito en sección cadrada.
As traseiras son de formigón e entre elas levántase un muro ata o teito, que se fixo enriba do frontón.
Atópase en un lateral da praza do pobo de Pardeconde, na súa parte do concello de Esgos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3460263431
Lonxitude: -7.65161275864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84