Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa López Mora, 79
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Os terreos sobre os que se asenta a igrexa foron doados por Dona Paula Gómez Curieses, nos anos 1936-1939. A igrexa foi construída polo arquitecto Antonio Cominges no ano 1951.
A súa fachada principal acentúa o protagonismo do tramo central mediante a localización dun grande rosetón medieval que precede en altura a un deseño de placas de inspiración barroca, situado no arrinque da torre. Esta divídese en dous corpos, un inferior que fai as veces de campanario, e outro superior protagonizado por unha imaxe da Virxe votiva do templo
No seu interior destaca a presenza dunhas vidrieiras. Estas foron encargadas á casa “Belga” de Vigo. Na vidrieira lateral atópsase a virxe da Consolación. No altar maior se representa á Virxe do Carme entregando o escapulario a San Simón e a outra representa a Virxe do Carme e os náufragos do mar. En 1983 propónse instalar dúas novas vidrieiras, en conmemoración da celebración das Bodas de Ouro das Carmelitas en Vigo; unha para os dous santos Carmelitas Teresa e Juan de la Cruz e San Xosé; a outra para San Antonio e Santa Teresita.
Na torre da fachada principal, atopamos a imaxe da Virxe, tallada en pedra. O seu peso aproximado é de 25 toneladas e 7 metros de altura. É obra do escultor vigués Raúl Comesaña. A obra da torre iníciase en 1962, para albergar a imaxe da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.00.005 – páxina 29)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca016.pdf (Ficha A_148 – Páxina 9)
http://hoxe.vigo.org/movemonos/ig_carmen.php?lang=cas

BIBLIOGRAFÍA
VILAS RODRÍGUEZ, Marta. ANTONIO COMINGES TAPIAS. OBRA RELIGIOSA EN VIGO. Boletín Académico. Revista de investigación y arquitectura contemporánea. Escuela Técnica Superior de Arquitectura. Universidade da Coruña. Número 5 (2015).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22366911025
Lonxitude: -8.7316739559174
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84