
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Río Monelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta ponte salvaba o río Monelos hoxendía canalizado no subsolo. Só unha placa co nome de rúa Río Monelos recorda a súa existenza. Durante moito tempo o río marcou a fronteira ca parroquia de Santa María de Oza, que ata a súa anexión en 1912 ao concello de A Coruña, constituía un concello con identidade propia.
A ponte é de cadeirado de granito con sillares grandes á altura do arco que conforma unha soa luz. Actualmente é posible o acceso peonil e de vehículos de pouca altura por debaixo dela.
O nome da ponte aparece ata o século XIX en tódolos documentos na forma masculina “Puente Gaiteiro”, sen estar claro que motivou o cambio.
Nas inmediacións existiron varios muiños de marea, As aceñas da Ponte Gaiteira ou da Palloza. Tamén estivo a Dársena de Indias e posteriormente a Fábrica de Tabacos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.35550392979496Lonxitude: -8.40054452419281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




