Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia
Parroquia: Boa
Lugar: Taramancos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Trátase dun poboado cunha dilatada cronoloxía desde a Idade do Bronce ata época tardorromana, nas proximidades da aldea de Taramancos. Con motivo das obras de construción do vial de Noia a Portosín, procedeuse a unha excavación de urxencia que amosou dúas vivendas de tipoloxía da Idade do Ferro, varios cuncheiros compostos por restos de ostras, berberechos e un número menor doutras especies, numerosas foxas e un longo muro do que non podo precisar adscrición temporal. O sitio arqueolóxico parece estenderse cara o sur da escavación actual. Un dos aspectos máis significativos é que se trata dunha aldea da Idade do Ferro sen fortificación, algo que -ata o momento- se considera moi atípico e singular.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ROMERO, Javier: “Los estudios avalan que los restos de Taramancos son castreños”, in La Voz de Galicia (edición Barbanza), 31/8/2011. [URL de consulta: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/08/31/0003_201108B31C3991.htm]
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O sector escavado do sitio arqueolóxico está en grave perigo de desaparición, xa que coincide exactamente co trazo do vial de Noia. Os piares da ponte da ría xa están cimentados na ría. A Dirección Xeral de Patrimonio aínda non fixo pública a súa decisión. A escavación de urxencia xa rematou polo momento.
Onde está localizado
Latitude: 42.78762985712513Lonxitude: -8.914954662322998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
magago says:
Set 2, 2011
Discusión ao redor do sitio arqueolóxico e a súa problemática no meu blog persoal:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/09/01/taramancos-vello-e-o-gran-problema-das-aldeas-galaicas/
Manuel Rial says:
Set 27, 2011
… e ó final pasou
“Denuncian que parte do castro de Taramancos foi destruída”
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/09/27/0003_201109B27C3997.htm
De Noia a Porto do Son (pola costa) | Roteiros galegos says:
Xul 18, 2012
[…] da variante que atravesará a ría de Noia atopouse un xacemento en maio de 2011, o Poboado de Espiñeira, mentres se removían os terreos. O sector escavado está en grave perigo de desaparición, xa que […]