
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Os Pensos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Fonte composta por un frontón feito de cachotería e tixolos, toda recuberta por unha capa de cemento liso, decorada cun encintado.
Na cima ten unha decoración formada por uns pináculos nos laterais e no centro unha media circunferencia.
No fondo saen dous canos por onde cae a auga enriba dun sumidoiro con reixa metálica.
Ao seu carón sitúase o lavadoiro, un tanque feito de cachotería e cemento. Na cima ten unha plataforma inclinada para refregar en dous laterais, sendo de cemento.
Cuberta a catro augas en tella plana, con estrutura de madeira sustentada por catro columnas en sección cadrada de cemento.
Este tellado gorece das inclemencias do tempo, só un dos laterais do lavadoiro.
Atópase este conxunto ás aforas do pobo dos Pensos, na beira do vello camiño que nos leva cara Fondo de Vila.
Practicamente sen uso xa que o pobo está case sen veciños.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3478025433956Lonxitude: -7.66441226005554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




