Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Centro de Instrución Mercantil nace en 1891 como sociedade de estudos mercantís, e nos primeiros anos do século XX transfórmase no Círculo Mercantil e Industrial.
A súa sede cambiou de emprazamento varias veces e ao final, sendo presidente Bernardo Bernárdez, o Círculo merca a sede da rúa do Príncipe coa intención de construír un novo inmoble, mais finalmente, a falla de recursos económicos fai que soamente se reforme o edificio xa esistente. As obras comezan en 1921 e rematan o ano seguinte. Posteriormente, en 1925 e co incremento de socios, vólvense ampliar as instalacións co mesmo arquitecto, Manuel Gómez Román.
O edificio é de estilo ecléctico cuha composición clasicista. Na fronte da rúa de Velázquez Moreno destaca unha galería que cubre o treito central da fachada. Sobre esta sitúase unha balconada e culmínase a fachada cunha alternancia de vans e pilastras que actúan como falso entaboamento.
A decoración é moi escasa e soamente aparece nos capiteis das pilastras e nas ménsulas que sustentan a galería.
O edificio foi inaugurado o 28 de setembro de 1927 polos reis Alfonso XIII e Vitoria Euxenia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: InfraestruturaHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.circulomercantilvigo.com/circulo-historia.asp
http://hoxe.vigo.org/movemonos/h_mercantil.php?lang=cas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.236409607397135
Lonxitude: -8.722082376480103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84