
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fisterra
Parroquia: Santa María de Fisterra
Lugar: Praza da Constitución
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Fonte e cruceiro de tipo De Crucifixo. Leva por pedestal unha fonte con base cuadrangular e dous canos para verte-la auga. Segue cun pedestal octogonal con remate moldurado. O varal é octogonal sendo cuadrangular no primeiro terzo e recadrado. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco de lados curvos e cos vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas e cabezas de anxos con ás. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e sinalando co dedo índice de ámba-las mans. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito enriba dunha peaña. O cruceiro-fonte é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.90581825632877Lonxitude: -9.262579679489135
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
isaac says:
Xul 9, 2019
Documentouno Josep Gaspar nunha foto en 1925