
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fisterra
Parroquia: Santa María de Fisterra
Lugar: Rúa Ara-Solis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta capela, de estilo barroco do século XVIII, está situada nun pequeno adro pechado e presenta unha planta dunha soa nave, cunha capela maior de planta cadrada onde aparece inscrita unha cruz grega. Cóbrese cunha cúpula semiesférica. A nave aparece cuberta cunha bóveda de canón de canteiría. Presenta ós pés un coro sobre unha bóveda de canón rebaixada. A imaxe da Virxe do Socorro preside o retablo barroco da Capela Maior, que consta de banco, corpo principal e ático. Recolle de forma directa a influencia das grandes obras compostelás caracterizadas polo uso de placa e estípites caixeadas como se pode observar en San Martiño Pinario e na igrexa da Compañía. O interior desta capela aparece percorrido por un entaboamento formado por bocel, frixo e cornixa.
A fachada principal, ao oeste, acolle a porta rectangular que dá entrada a este recinto. Sobre ela destaca un frontón quebrado co escudo do fundador da capela. Péchaa un beiril soportado por placas, que serve de base a un corpo triangular do que arranca a torre das campás, cunha traza cuadrangular, e que posúe dous corpos superpostos: O primeiro está ocupado polo corpo das campás e no segundo destaca a cupuliña rematada nun pináculo, lembrando a obra de Simón Rodríguez na igrexa de San Fiz de Solovio, en Santiago.
No exterior sobresaen a fachada, de forma rectangular, e o volume cúbico da capela maior que se cobre cun tellado a catro augas, coroado por unha enorme lanterna, mentres que a nave presenta un tellado a dúas augas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/FISTERRA/documents/0188CA013.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.904694467574174Lonxitude: -9.263427257537841
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Set 17, 2026
A prensa dixital do 15 de setembro de 2026 recolle a nova do mal estado deste ben:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/fisterra/2026/09/15/capela-do-bo-suceso-fisterra-cronica-dun-abandono/0003_202609C15C4991.htm