Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Riba ( San Xoán )
Lugar: Carballeira, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Hai dous grupos de mámoas que están no lugar de Carballeira e no sitio chamado as Teixoeiras ou Campo das Minas. Segundo unha veciña, o nome do sitio viña de que por alí había “ferro”. Está o grupo do “Campo da Feira” cun total de cinco túmulos e o de “Barreiros” con catro. Este último componse das mámoas cos códigos GA15007073, GA150075 GA150076 GA150035. O Campo da Feira leva as identificacións GA15007040 GA15007041 GA15007042 GA15007043 GA15007044.
A mámoa identificada como Mámoa nº2 do Campo da Feira GA15007041 e da cal estamos a tratar aquí, é un gran túmulo de máis de 30 metros de diámetro segundo as medidas da ficha do pxom do concello da Baña (as medicións en Sigpac e no mapa iberpix do IGN dan 35 m.) e 4 metros de altura, diferenciándose das do seu entorno que non chegan aos 20 m. e que se elevan escasamente un metro, ou menos, do seu entorno. Algunha delas están practicamente desaparecidas, pois non se observan ao lado desta como cabía de esperar na visión aérea e no mapa de pendentes, estando composto este grupo por coutras catro mámoas. Ten pendentes moi inclinadas no túmulo de terra e un gran furado na croa cun camiño de entrada, e non se aprecian restos de coraza nin de ortoestatos. É polo tanto a única mámoa que se divisa ao lonxe polo seu gran tamaño e altura sendo moi dificil atopar as outras. No plano de pendentes da segunda foto podemos ver como destaca o seu tamaño coas da súa contorna.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15007041
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//ABANA/documents/0054CA012.pdf
(pax. 1 do pdf )
O grupo de mámoas do Campo da Feira no pxom da Baña
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//ABANA/documents/0054CA011.pdf
(pax. 10 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9783417718
Lonxitude: -8.80236625671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84