Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Redomuíños - Os Pensos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de planta rectangular de 7×4 m. feito en cachotaría de granito combinando con perpiaños do mesmo material. A cuberta cando a tivo era a unha auga en tella do país.
Polo lado de poñente ten a porta de entrada, sobre a que tiña unha pequena cuberta
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa, ten un paso inferior por debaixo de esta canle, semellando un viaduto, polo que se accede a unha escaleira para subir a entrada do cubo.
A meirande parte dos muíños desta zona son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil, que neste caso é curioso por ser de sección circular, cando normalmente é cadrado.
Situado no Regueiro de Covas de Andón, do que aproveitaría a auga, que pouco máis abaixo se une co da Virxe do Monte.
Está nunha situación ruinosa, invadido pola maleza e caéndolle a cuberta, polo que so quedan en pé os muros e parte da canle.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está nunha situación ruinosa, invadido pola maleza e caéndolle a cuberta, polo que so quedan en pé os muros e parte da canle. O interior xa está perdido practicamente todo.


Onde está localizado

Latitude: 42.347023479563546
Lonxitude: -7.66007781028747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84