Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Redomuíños - Os Pensos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de planta rectangular, de 5x4m, feito en cachotería de granito, coa cuberta medio caída a dúas augas en tella curva do pais.
Polo lado de nacente ten a porta de entrada, con un pousadoiro para as saquetas ao lado esquerdo.
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas que permanecen no seu aloxamento, pero xa desprovistas das caixas de madeira..
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa, este canle está construído a unha gran altura, asemellándose a un viaduto, elevando os perpiaños que teñen labrado a canaleta, por medio de columnas feitas con pedras superpostas. Este canle elevado ten unha lonxitude non menor de 45m.
No final de este canle está a caída cara o rodicio, feito con pedras superpostas de sección redonda e que lle perforaron un burato interior polo que pasa a auga no seu descenso.
A meirande parte dos muíños de esta zona son da modalidade de canle, característico por por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil, que en este caso é curioso por ser de sección circular, cando normalmente é cadrado.
Situado no Regueiro de Covas de Andón, do que aproveitaría a auga, no lugar onde se une co da Virxe do Monte.
Está en unha situación ruinosa, invadido pola maleza e caéndolle a cuberta, polo que só quedan en pé os muros e unha parte da cuberta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en unha situación ruinosa, invadido pola maleza e caéndolle a cuberta, polo que só quedan en pé os muros e unha parte da cuberta.
Estase estragando todo o interior.


Onde está localizado

Latitude: 42.34439481126658
Lonxitude: -7.66090124845504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84