
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: San Martiño de Ozón
Lugar: Praza de Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. O pedestal polo lado do seu anverso ten unha inscrición coa súa data: “1930”. O varal é octogonal rematando en cadrado e leva un capitel cúbico con volutas, cunchas e cabezas de anxo con ás. A cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda, lado onde semella haber unha imaxe esculpida en baixorrelevo. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da Provincia da Coruña”. VOL. II; Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.08369741210839Lonxitude: -9.151263982057571
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84