Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: San Xes (San Xes)
Lugar: Río Gaiola
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de pequenas dimensións e unha unica moa que se sitúa á beira do río Gaiola. É propiedade comunal dos veciños da aldea de San Xes, que moian nel regularmente, polo que recibe o nome de Muíño do Concello.
Tratase de un sinxelo edificio de planta rectangular e uns 8m2 de superficie, cuberto por un tellado a dúas augas e constituído por paredes de cantería irregular de granito nos que se practican unicamente dous vans, a porta e a xanela.
A meirande parte dos muíños da comarca da Rabeda son da modalidade de canle, característico por por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Na parte inferior da canle áchase unha peza especial de madeira ou granito, segundo o caso, onde se practica un burato que se abre dende o interior(billote ou bofetón) que fará saír a auga coa forza necesaria para mover o rodicio.
Os muíños son unha sabia combinación de arquitectura e tecnoloxía, unha edificación sinxela que acolle un complexo dispositivo mecánico accionado pola forza da auga. Está composto pola presa, que ten por obxecto captar e embalsar a auga do río; a gavada ou levada , que conduce a auga da presa cara o muíño salvando o desnivel do terreo; a canle, que conduce a auga cara o rodicio, unha roda hidráulica con paletas curvas e eixo vertical que move a moa; e a edificación do muíño propiamente dita.
Na entrada podemos ver cruces de protección gravadas, ademais de algunha inicial e incluso un nome.
Este de San Xes, é de unha única moa e atopase practicamente illado pola maleza ao pé da ponte que atravesa a estrada que vai camiño de San Xes, partindo de Rioseco.
Atópase en mal estado e xa lle roubaron a moa superior.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca004.pdf (P.1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.29174677803166
Lonxitude: -7.73226678371429
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84