
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: San Pedro de Armentón
Lugar: A Xesteira
Outra denominación do ben: Castro de Armentón
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O xacemento está situado a unha altura de 65 metros sobre o nivel do mar, entre o lugariño de O Castro polo nordés e A Xesteira polo suroeste. Ten unha forma ovalada de 285 metros de NO-SL e 198 metros de SO-NL, acadando unha superficie dunhas 4,4 Ha., aproximadamente. O castro está en moi malas condicións debido as actividades agrarias e o achandamento do terreo por varios sectores. Ao que lle chaman Monte das Croas é un pequeno terreíño que queda virxe das actividades agrícolas nas que está a monte e no que se ollan grande laxes de pedra moi interesantes e ademais aprécianse aínda unha parte do parapeto de dito castro. Está máis alto cos terreos de labradío e semella que foi parte da croa do castro nalgún día. O camiño que vai de Castro a Xesteira pasa a carón deste montiño. Actualmente a parte Leste do castro está sementada por millo e a parte suroeste está sementada por trigo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Neste castro fálase da lenda das galiñas que poñían os ovos de ouro e que algúnha persoa foi quen de atopar os ovos e facerse rico. Outra lenda fala dun camiño moi preto de aquí que lle chamaban o Camiño da Moura. Por este camiño aconsellaban viaxar de día pois se ías pola noite podías atoparte con ela e atopar a morte.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA001.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2922554142Lonxitude: -8.55221271515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




