
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa Mariña de Lañas
Lugar: Lañas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Santa Mariña de Lañas é un exemplo do románico do século XII. Ten unha soa nave e ábsida rectangular, posúe dúas portas románicas, unha no lateral e outra na fachada frontal, esta última bastante curiosa pola decoración a base de elementos circulares que lle proporciona un aspecto particular en relación a outras portadas existentes na zona. No interior, posúe un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas e, tanto a portada principal coma a do muro sur, teñen arquivoltas semicirculares sobre columnas acodilladas. A ábsida cóbrese con bóveda de canón apuntado. A fachada , de esquema xeométrico sinxelo, acubilla o acceso principal cun tímpano exento de decoración. Sobre el, unha xanela rectangular ilumina o interior da nave, rematada por unha espadana dun único corpo formado por dous arcos de medio punto onde acubilla as súas campás, e rematada cun tellado a dúas augas coroada por un acroterio cunha cruz de pedra e flanqueada por dous pequenos acroterios piramidais rematados en bóla.
Cóntase que non fai moitos anos, os santos desta igrexa leváronnos para a capela da parroquia e nesta igrexa deixouse de dicir a misa pechándose case por completo, usándose tan só para os enterros, pois o seu carón está o cemiterio parroquial. Fai un anos mercáronse santos novos e agora dáse misa nas dúas igrexas, aínda que continúa tendo máis afluencia a capela, pois esta atópase no centro do pobo e o igrexario ficou desprazado nunha esquina da parroquia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA001.pdf
http://www.arteixo.org/lecer/turismo/guia08es.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.29489484927224Lonxitude: -8.521045446395874
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




