Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa Mariña de Lañas
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cadrado e recadrado por todos os seus lados, con chafráns e unha figura dunha flor en cada un dos seus vértices. O varal é cadrado achafranado no que leva un capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz e cuadrangular con brazos achafranados con remates floranzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans pechadas. Cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e pano de pureza sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación inaugurado o 12 de outubro de 2002.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.295261862243535
Lonxitude: -8.522051274776458
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84