
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Carreira (Santiago)
Lugar: Carreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular cunha inscrición que vai dun lateral-anverso-lateral no que pon a data do cruceiro “…LOPEZ MUIÑO 1906”. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado con cuarto bocel e mediacana. A súa cruz é octogonal. O cruceiro é todo de granito cun pouco de formigón sobre a base da cruz tendo un estado de regular a malo de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. IV; Deputación Provincial da Coruña, 1999.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA001.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.12141162514723Lonxitude: -8.883426636457443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Feb 9, 2016
ACTUALIZACIÓN: novo enlace ao catálogo do planeamento vixente en Zas (PXOM 2007):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf
no listado este cruceiro aparece nomeado coma “Ficha 2.15 Cruceiro en campo da feira, Carreira” (páxina 10), ainda que acudindo ao pdf correspondente para visualizar a ficha, non aparecen todas as fichas do catálogo.