Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Carreira (Santiago)
Lugar: Carreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Edificio de planta de salón cunha bóveda de canón corrida enteiramente de formigón. Muros portantes de cachotería á vista a dúas augas con cubrición de tella plana. As obras levadas a cabo nos anos sesenta do século XX borraron a maior parte dos vestixios arquitectónicos dos séculos XVIII e XIX. A fachada presenta un esquema pentagonal cun eixo vertical central onde se superpoñen a porta alintelada, unha xanela rectangular e unha sinxela espadana dun só corpo, con tres machóns e dous arcos de medio punto onde van as campás coroadas por dous pináculos piramidais e un arquiño de medio punto coroado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.123606237910806Lonxitude: -8.882108330726623
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 16, 2016
A prensa escrita do 16 de febreiro de 2016 recolle a nova da reparación da cuberta desta igrexa:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2016/02/16/laxe-permiso-restaurar-retablo-traba/0003_201602C16C3997.htm