Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Zas
Parroquia: Gándara (Santa María)
Lugar: Vilaestévez
Outra denominación do ben: Castro de Vilaestévez
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro que presenta unha forma simple, de forma ovalada, situado a uns 240 metros sobre o nivel do mar, cunha medidas de 135 metros de NL-SO e 112 de NO-SL acadando unha superficie dunhas 1,4 Ha. A altura máxima do parapeto delimitador dáse na zona Leste, onde acada uns 3 ou 4 metros, e nas zonas Norte e Oeste a penas destaca. Con respecto ó exterior, a altura é máis uniforme, destacando entre 3 e 4 metros.
O camiño tradicional que cingue o castro polas zonas Nordés, Leste e Sur, e a pista afaltada existente na zona Oeste e Norte poden ter rebaixado o parapeto delimitador da croa pola parte externa.
Asemade os cultivos que se veñen desenvolvendo no interior do castro poden ter destruído os niveis máis superficiais do xacemento. O castro é propiedade de tres persoas, no tercio nordés hai plantado castiñeiros, no tercio medio está agora abandonado e no tercio Suroeste hai diferentes cultivos: millo, trigo e algúns frutais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15093013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA028.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.12549733972975Lonxitude: -8.878422975540161
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84