Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Praza de Ponteareas
Outra denominación do ben: Calvario das Monxas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A finais do s. XIX era coñecido como Calvario das Monxas. Nesta época era mantido e xestionado pola Confraría de Ánimas de Vilavella, fundada en 1741. Ata os anos 80 atopábase na rúa Padre Crespo, próximo á desaparecida casa reitoral. En fotos antigas obsérvase que tiña 5 gradas das que tan só conserva unha. No peto ten pintada a seguinte inscrición:
“ROMPED, ROMPED MIS CADENAS. ALCANZADME LIBERTAD. CUAN TERRIBLES SON MIS PENAS, PIEDAD, CRISTIANOS, PIEDAD”.
O cruceiro consta dun varal estriado, un capitel tipo corintio decorado a base de querubíns. A cruz presenta un Cristo e unha Piedade. No retábulo aparece Cristo flanqueado por San Antón e a Virxe, debaixo 6 ánimas entre as lapas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/cruceiros-e-petos-ii/
https://cruceirosdegalicia.xyz/360450801.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18055&ctre=55&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (2005). Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ANTUÑA SOUTO, Carlos A. e ORGE QUINTEIRO, José Antonio. (2008). Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. Ed: Seminario de Estudios redondeláns (SEREN), 5.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2790432558
Lonxitude: -8.61038312316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84