Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Ordoeste (Santa María)
Lugar: Cruceiro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa construída en diferentes etapas pero no que destaca o estilo barroco e o neoclásico da torre do campanario. Dunha soa nave e co presbiterio destacado do resto do edificio na súa altura. Tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Fachada sinxela e carente de adornos onde se abre unha porta alintelada, con molduras nas xambas, e un gran van rectangular con cristais por enriba dela. No medio das dúas unha cruz de mármore, e rematando o cume unha cruz sinxela de pedra. Torre do campanario de tres corpos, acaroado á fachada, que arranca de base cadrada con pilastras e remata en cornixa saínte. O primeiro corpo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás. O segundo octogonal con catro ocos e o terceiro confórmao unha pequena cúpula rematada en pináculo de bóla. As esquinas do tellado van adornadas co mesmo elemento de decoración.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax 16)
http://www.concellodabana.es/index.php?id=105
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.94051202554262Lonxitude: -8.783494234085083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 16, 2022
Fotografía do interior da igrexa.
Oscar Franco says:
Ago 16, 2022
No adro da igrexa podemos ver tamén un sartego e unha pía.
https://megaliticia.blogspot.com/2019/01/sarcofago-en-santa-maria-de-ordoeste.html