
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Rúa Cabo dos Fumeiros, 3 - 5
Outra denominación do ben: Casa das Conechas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Casa de perpaño granítico e tellado a dúas augas. Presenta como característica principal unha fachada con dous brasóns: o máis pequeno, na parte alta da fachada, é o brasón dos Prego de Montaos; o da dereita, máis grande, ten o cuartel superior esquerdo da familia Ulloa, o cuartel inferior esquerdo dos Acuña e o cuartel dereito dos Salazar.
Ó seu carón existía unha capela que nos anos 40 estaba abandoada e era empregada como vivenda por un portugués. Desapareceu anos despois coa construcción dun edificio.
A Casa do Cristo de Limpias, tamén é coñecida como a “Casa das Conechas”, por ser o alcume da familias que habitaba a casa. A Casa ten moita historia, algúns din que foi casa da Inquisición, mais todo semella indicar que foi unha pousada, cun patio interior, abaixo para gardar cabalos e mercadorías e arriba para durmir a xente.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un día que pasaba unha procesión por diante comezou a chover, polo que refuxiaron a imaxe do Cristo nesta casa que daquela tiña unha taberna, de aí o nome.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/search?q=limpias
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2866236101Lonxitude: -8.60946580768
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Casa da rúa do Cabo dos Fumeiros | Cultura e Patrimonio says:
Mai 2, 2026
[…] Patrimonio Galego […]