
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Esgos
Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: As Campinas - Folgoso: Lameiro da Fonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ponte que cruza o río Grañal pola zona na que se atopan os “Muíños da Ponte Pedriña”. Este pontillón, moi frecuentado pola xente que acudían a moer a estes muíños, está formado por tres cepas non equidistantes, pois aproveitaron penedas no medio do río para colocalas. Estas cepas son de perpiaño granítico, e na cima conformase por medio dunha serie de perpiaños ben dimensionados de disposición lonxitudinal que dan á ponte uns nove metros de longo aproximadamente por algo máis dun de ancho, o que permite o paso cómodo. Augas arriba as cepas centrais inclúen tallamares en forma a puntada que cortan a auga para minorar a presión á que se ven sometidos durante as cheas do inverno. Recentemente colocáronlle uns pasamáns de madeira, anteriormente non contaba con eles.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.30821468184838Lonxitude: -7.741928100585937
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




