Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: San Salvador de Mourisco (San Salvador)
Lugar: Eiravedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construción típica agrícola en pedra e madeira de dúas plantas. Na parte baixa, feita en perpiaños nas esquinas e na entrada, gardábanse a colleita nunha parte mentres que a outra utilizábase de corte para o gando. O resto é de cachotería concertada.
A parte alta utilizábase como sequeiro e palleira. Ten taboleiros de madeira verticais tapando o oco entre a planta baixa e a cuberta, que protexen do vento e choiva, deixando pasar aire para ventilar.
A cuberta a catro augas en tella curva con estrutura de madeira soportada por columnas feitas de pedras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2870323677
Lonxitude: -7.72323310375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84