Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: -- / A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Callobre (San Martiño)
Lugar: O Vilar
Outra denominación do ben: Sobreira do Pazo de Valiñas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sobreira (Quercus Suber) da que se descoñece a antigüidade, pero que se estima que pode roldar os 300 anos. Posúe unha altura aproximada de 22 metros e un perímetro de 5,50 metros. Hoxe en día presenta varios problemas que afectaron ao seu aspecto, perdendo varias pólas e minguando a súa copa, polo que fai uns anos se instalou un sistema de cables e tensores para compensar e garantir o equilibrio do resto da árbore que se conserva en pé.

Un dos propietarios do Pazo, o poeta Ramón Cervela, ten evocado á corticeira en varias composicións, chamándolle “Gigante de los mil brazos”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 94A (Árbores senlleiras)
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.aestrada.com/images/stories/pdfs/GUIA%20DA%20ESTRADA09web.pdf (p. 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6923974681
Lonxitude: -8.44574832903
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84