Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: Esfarrapa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Na opinión de Mariño Reino a capela de San Adrián é un santuario moi antigo co que se quixo cristianizar un lugar de culto pagán. Proba da súa antigüidade e que foi reedificada en 1777 sobre outro arruinado, segundo se pode ver na inscrición sobre o lintel da porta : “REEDIFICOSE A DEVOCIÓN DE LOS VEZINOS DE ESTA FELIGRESÍA” . Celébrase romaría no seu entorno a mediados do mes de xuño. A capela ten nave única rectangular de 7.4 metros de longo por 5 de ancho, e o presbiterio elévase un chanzo do resto do chan do edificio. Única porta de entrada na fachada occidental cunha pequena ventá enriba dela para a entrada de luz ao interior. Mide 5 m. de alto ata o cume e engade unha espadana de 1,5 m. Muros de pedra recebados de branco, agás nas esquinas dos muros, e marcos de portas e ventás. No lado sur leva un pequeno van. Como único adorno ten as cornixas e o entaboamento da espadana, onde vai a campá. A poucos metros hai un pequeno grupo de sobreiras, do que destaca unha de gran porte.
Do seu contexto podemos dicir que a 600 metros está a igrexa de San Ourente de Entíns, onde se atopa o San Campio onde o 29 de setembro celébrase unha romaría onde se quitaba o “mal cativo” e a onde eran ofrecidos os afectados de enfermidades mentais e os posuídos polo diaño. A poucos metros do templo parroquial tamén está a Virxe do Rial, onde a xente acude a ritos de curación na súa fonte, onde quedan depositados as prendas dos fieis, sobre todo os panos de man. A 400 m. está o Castro do Monte do Cristo ou de San Ourente e en Banzas, a 2 km. atopouse a ara romana de Banzas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4 Pax 57 e 58

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
pax 4 de 6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.865356819
Lonxitude: -8.89628648758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84