
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Santa María de Gándara
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX, Século XX,
Descrición:
Igrexa de planta de salón formada por unha capela maior rectangular ó igual ca nave. Formando un falso cruceiro en planta aparecen apegadas ós lados norte e sur dúas capelas de planta cadrada engadidas en época barroca.
O presbiterio e maila nave cóbrense con bóvedas de cemento engadidas no século XX. No primeiro tramo do muro norte aparece unha capela lateral á que se accede mediante un grande arco de medio punto. Cóbrese con bóveda esquifada. Estaba dedicada a Santa Margarida. A outra capela cóbrese con bóveda de cemento. A cuberta está resolta a dúas augas na nave principal e presbiterio, e a tres nas capelas laterais e na sancristía, todas elas con cubrición de tella curva.
Ós pés da nave destaca o coro alto. A fachada ó oeste coróase cunha grande espadana, engadida no século XIX. A porta está rematada por un arco de medio punto dobre, como corresponde ó románico de finais do século XII. Sobre este arco, un van de luz rectangular ilumina o coro.
A espadana presenta dous corpos. O primeiro, composto por tres machóns e dous arcos de medio punto onde alberga as campás, e cunha molduración movida que nos leva ó segundo corpo, composta por dous machóns e un arco de medio punto, flanqueado todo por cadanseus conxuntos decorativos de voluta máis pináculo e coroado por un arquiño máis pináculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1338715165Lonxitude: -8.88005375862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84